7/6/09

Última semana de escola!!!!!!!


Esta é a última semana de escola que me queda na escola de Asados porque para o ano xa me vou para o instituto. O noso profesor está sendo moi bo esta última semana porque nos exercicios nos deixa axudarnos e non nos manda deberes. Por unha parte quero ir ao instituto para coñecer outros amigos e ter novas materias pero por outra parte non me gustaria ir porque deixo amigos na escola. Tamén quero que chegue o verán porque vou ir de vacacións a Barcelona. Espero que vós o pasedes ben no verán e vaiades moito á praia.

2 comentarios:

Laurilandia dijo...

e xenial que vaias a Barcelona.

Anónimo dijo...

Inda que esta sexa a tua última semana en Asados,esta sempre sera a tua escola igual que a de todos os rapaces e rapaces,que estudaron nela nos últimos quince anos.