20/8/08

Ti podes salvar o planeta


Este libro trata de 101 cousas que ti podes facer para protexer o medio. Está feito con papel procedente de árbores que crecen en bosques sustentables. A primeira vez que o lin gustoume moito, e agora estou poñendo en práctica algúns
consellos. Se o vedes nalgunha libreria conprádeo porque é moi bonito. Aí vai un consello do libro:
Comer froita non é bebela
Os zumes elaborados conteñen moitos azucres e, o que é peor, supoñen un enorme gasto de envases e de auga. Se comes froita natural, aforrarás caries, auga e enerxía. É moito mellor comer a froita que non bebela se a bebes exprímea na casa manualmente.

7/6/08

Paixón pola cociña



Hai bastante tempo que me gusta moitísimo pero moitísimo a cociña. Aprendín a facer mogollón de pratos. Só teño un libro de cociña, pero con ver a miña nai cociñando, ou ver programas de cociña xa me basta para facer moitísimos pratos. O primeiro que fixen eu soa foron uns espaguetis, despois unha ensalada... Miña nai á ensalada bótalle moito vinagre pero sempre me pide que a aliñe eu porque a ensalada é a miña especialidade. Moitas veces, cando é pola noite e hai que cear e meus pais non teñen fame eu sempre lles pido se me deixan facer unhs tomates recheos, espaguetis, ensalada...

13/4/08

Guauuuuuuu!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

Para facer o que fai este home se debe prácticar moitísimo tempo.Seguramente quedaredes como min cando o vin por primeira vez. Disfrutade do vídeo.

12/3/08

Notas

Mañá nós dan as notas e estou moi nerviosa por saber que notas saco. Seguramente son boas, pero non o sei con zerteza. Eu nuca suspendín ninguha pero aínda así estou nerviosa.Hoxe tiña un examen de verbos de ingles, de toda a miña clase que somos 15 só tres aprobaron, eu fun unha das que aprobei e saquei un 10 e non é broma, non eran moi faciles pero se os estudabas cinco minutos cada día xa os sabes perfectamente.

9/3/08

Semana Santa

A Semana Santa sempre a paso na casa, e este ano tamén. Meu pai traballa non toda a semana, só alguns días e chégalle ben. Seguramente irei a Santiago a casa dos meus avós e a casa de algunha amiga. Non vou a ningun lado, pero me alegro de que haxa esta semana sen cole, porque con tantos exames non daba feito, pero menos mal que en todos saquei boa nota porque, un día máis que iba a escola tiña outro examen máis o seguinte día. Espero que vós o pasedes mellor ca min.