24/8/06

Vacacións en Portugal


Cando fomos de vacacións a Portugal estivemos nun parque de campismo con piscina e un tobogán enorme que alá chámanlle escorrega. Eu fun 31 veces na escorrega e meus pais bastantes menos. Tiña moitas curvas e ías moi rápido porque te levaba a auga. Cando caía tiña que nadar moi rápido para non chocar co que viña detrás. A piscina máis grande era para nadar. Meu pai e eu sempre xogábamos na auga e miña nai metíase pouco. A 1ª noite o colchón parecíame un pouco estreito e aos meus pais cando se ergueron doíalles o lombo.

9/8/06

Este verán houbo máis de 138 incendios en toda Galicia. Eu tiven moito medo por se nos podían evacuar a outro sitio. Houbo 2 días que non se podía saír da casa porque había moitas cinzas e tamén moito fume. Ao día seguinte, miña nai e eu fomos á praia de Carragueiros en Boiro e cando iamos no coche tiñamos que cerrar as ventanillas porque estabamos rodeadas de fume. Cando chegamos a praia tiñamos un incendio xustamente diante da praia e nós tiñamos medo de que nos cortaran a estrada (é que nós vivimos en Rianxo).