22/12/09

16/10/09

Instituto


Xa estou no instituto, levo máis ou menos un mes de clase. Ao principio non me daba adaptado pero xa vexo que si. Descubrin a semana pasada donde estaban os baños pero eso foi porque non me fixo falta ir ata entón. Xa teño moitos amigos e amigas, e incluso de cursos superiores. Teño unha amiga moi boa que xa ten 16 anos pero é ela quen me di onde está cada cousa e me guía cando estou perdida. Estou en 1ºB e temos que subir un montón de escaleiras para poder chegar a nosa aula. O malo é que nos recreos non podes andar a xogar, tes que dar voltas e voltas ao redor do edificio. Os que para o ano vaian para o instituto que saiban que non é tan duro como parece. Só é duro os primeiros días pero despois é como primaria.

18/9/09

Guadalupe 2009


Xa empezaron as festas de Guadalupe a mellor festa de todo o mundo. En realidade empezaron o pasado venres e hoxe é o último día que é cando encendemos as bengalas e cantamos a canción da Rianxeira. Esta semana non foi moi boa porque fixo frío, vento e por se fora pouco tamén choveu, pero hoxe dame igual se fai frío, vento, chova ou neve que de alí non me movo. Ademais é unha imaxe preciosa, e se non me creedes mirade a foto.

2/8/09

Toondoo

O único malo é que non se lle poden poñer tildes nin "ñ" porque está en inglés.
\Toon\

30/7/09

Como atar os cordóns en dous segundos

Buscando e buscando atopei este vídeo que che ensina a atarte os cordóns en dous segundos. Tamén o podedes intentar pero non abandoedes á primeira porque eu estiven cerca de 15 minutos vendo este mesmo vídeo procurando que me saíra, e ao final, todo ten a súa recompensa.

16/7/09

O meu santo

Hoxe 16 de xullo é santa Carmen pero como Carmela é derivado de Carmen é como se me chamase Carmen. Todos os meus familiares e algúns amigos me felicitan pero hai dúas persoas que nunca me felicitan, papa e mama, nunca me felizitaron polo meu santo nin pensemos que me regalen algo, de feito teño que recordarlles eu que é o meu santo porque nin sequera o saben. E o que máis me molesta e que non me deixan ir a festa do meu propio santo!
Gustaríame cambiar aos meus pais por outros. Ja, ja, ja...

13/7/09

Curso de piscina

Hoxe foi o primeiro día que fun ao curso de piscina de Rianxo. Gustoume moito, nadamos a braza, crol... . Ao último de todo aprendemos a tirarmos de cabeza, todos nos demos uns cuantos planchazos pero ao final saíanos regularmente. Tamén nos deron uns churros de plástico que tiñamos que montarnos dous nenos e ir nadando á vez. Empezamos as doce e media e acabamos á unha e cuarto, tiñamos a piscina só para nós!

3/7/09

Campamento deportivo


Este 19 de xullo ata o 25 de xullo vou a ir a un campamento deportivo. Nese campamento poderei facer moitos deportes entre moitos estarán o golf a vela de cruceiro. Este campamento é de 9 a 13 anos e eu estou no borde de non ir porque teño 12 anos. Van a ir moitos concellos, Santiago, Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo, Dodro, Padrón, Teo, Vedra, Boqueixón, Touro, O Pino, Oroso, Ames, Brión, Noia, Rois, Lousame e Porto do Son. Vai haber moitísimos nenos e é imposible que os coñeza a todos pero farei moitos amigos. Estou un pouco nerviosa porque é o meu primeiro campamento, pero estarei con unha amiga chamada Ana e ao mellor con Laura. Xa comprei toda a equipaxe (maletas, pantalóns curtos, camisetas, calzado...) Estou desexando que chegue o 19!

26/6/09

Por fin chegaron as notas


Este luns déronnos as notas, e como era de esperar saquei todo sobresaintes menos un notable en matemáticas. Mellorei moitísimo desde o o primeiro trimestre porque alí tiña 3 notables. Moita xente da miña clase suspendeu unha ou dúas pero non lle importa porque non queren ser nada de maiores. A min impórtame moito porque quero estudar maxisterio e para esa carreira necesítase moito esforzo. Espero que os nenos e nenas que lean esta entrada tamén aprobaran todo. Boa sorte!

19/6/09

Lauralandias

Lauralandias é o blog da miña mellor amiga. Xa hai tempo que o ten creado pero como na casa non ten internet ten que vir a miña casa ou ao traballo do seu pai a facer algunha entrada. Fixo moitas renovacións no blog e prometeume que ía escribir máis. Non ten moitas entradas pero escribe sobre as cousas importantes que lle pasan ou cousas alucinantes. As renovacións fíxollas meu pai cando Laura veu un día a dormir. Despois meu pai fíxome algunhas renovacións ao meu blog como a cara dos datos persoais e o trébol.

Xa chega o verán


Xa chega o verán este domingo as 9:46 am. Vaise notar moito porque as temperaturas máximas son de 31 graos en Vilagarcía e o mesmo pasará o luns. Estou desexando que chegue o domingo para que comeze o verán aínda que parece que xa estamos nel, sobre todo estou desexando que chegue o 19 de xullo porque marcho de campamento. Xa fun unha vez á praia pero non me puden bañar moito porque había medusas.

7/6/09

Última semana de escola!!!!!!!


Esta é a última semana de escola que me queda na escola de Asados porque para o ano xa me vou para o instituto. O noso profesor está sendo moi bo esta última semana porque nos exercicios nos deixa axudarnos e non nos manda deberes. Por unha parte quero ir ao instituto para coñecer outros amigos e ter novas materias pero por outra parte non me gustaria ir porque deixo amigos na escola. Tamén quero que chegue o verán porque vou ir de vacacións a Barcelona. Espero que vós o pasedes ben no verán e vaiades moito á praia.

30/5/09

Diario de Greg


Estou lendo un libro que me está fascinando. Trata dun neno de instituto que de maior quere ser famoso entón escribiu este diario para que cando sexa maior e sexa famoso en vez de que lle fagan preguntas darlle este diario e saberán tobo sobre el. Polo medio do libro a Greg pásanlle moitas cousas diferentes, por exemplo rómpelle a man ao seu mellor amigo. Hai dúas partes pero aínda estou lendo a primeira. O libro en realidade non é meu, senón de unha amiga. Espero que esta recomendación vos serva para algo aínda que o libro en sí está en castelán.

23/5/09

O meu programa preferido

O meu programa preferido é "El hormiguero" porque ten moito humor e ten seccións que teñen verdadeiro perigo. A sección que máis me gusta é a de " supervivencia" ou a de "Jandro". Emitese de luns a xoves de 21:30 a 22:30 e os sábados á mesma hora hai un repaso a toda a semana. A "El hormiguero" déronlle o premio do programa internacional (porque entrevistan a persoas famosas de todo o mundo) máis entretenido. O premio déronllo en Suiza e saiu en todas as noticias. Traiovos un vídeo da supervivencia para que vos fagades unha idea.


17/5/09

Día das letras galegas


Por fin chegou o día das letras galegas, pola mañá desperteime cedo e fun a Santiago a manifestarme co resto de miles e miles de persoas. Os nenos iamos de marabilla porque nos vallaran cunha cinta para que non estiveramos apretuxados. Levamos unha pancarta polo traxecto e ía acompañada duns amigos (O castelo de Aldara e O mundo de Bernal), fixemos un traxecto cheíño de choiva pero iso non nos impediu nada. Ao chegar á praza da Quintana un home fixo un discurso e despois cantamos o himno galego. Comemos moi tarde porque todos os restaurantes estaban cheos. Tamén nos deron unhas piruletas azuis que che poñían a lingua azul. Despois quixemos ir a "Galiza Dixital", pero estaba pechado. Paseino moi ben e quero que se enteren dunha vez:
-Queremos aprender en galego!!!

10/5/09

Concerto de música

O mércores 5ºe 6º iremos a un concerto de música que se realiza na escola de maxisterio. Os futuros mestres de música tocarannos bandas sonoras de películas e de contos moi conocidos. Na nosa escola xa empezamos a dar esas cancións e coñecemolas bastante. Teño moitas ganas de ir a ver como tocan e se están nerviosos e tamén a ver como é a escola de maxisterio por dentro.

Correlingua 2009


Este martes vamos ir de excursión a "Pobra" celebrando o correlingua. Xuntámonos moitos colexios da comarca do "Barbanza" e recorremos un anaco do pobo andando polo galego. Como van moitos colexios, cada colexio leva un distintivo. O noso é unha camiseta vermella. Despois de andar polo pobo facemos unha actuación, por exemplo o ano pasado foi o "Xabarín Club" pero este ano non sei quen vai.

O selo violeta


Fai uns días que me dixeron que me deran o selo violeta puxenme moi contenta e dixeronme que tiñan estas regras:
-Exhibir o selo violeta no bloge xunto coas regras.
-Indicar cantos bloges consideramos que se merecen este selo.
-Avisárllelo aos bloges indicados.
-Escribir dous poderes máxicos que imaxinamo ter.
Gustariame entregar o selo violeta a:
"Lauralandia "
Xa se me olvidaban os poderes máxicos que serian:
-Ser invisible para facer travesuras ou bromas sin culparen a min.
-Ser super sónica para acabar pronto cos deberes.

12/4/09

Lámpada de lava

Polo meu cumpleanos regaláronme unha lámpada de lava. Hai moitos meses que quería unha lámpada de lava, pero non me deixaban tela, ata que por fin unha veciña miña fíxome de regalo unha lámpada de lava. Miña nai estaba un pouco mosqueada pero ao final quedábase mirando pra ela durante moitos minutos. A ver se vos dou hipnotizado con este vídeo da miña lámpada de lava.

Guitarra



Hai uns cantos messes que me apuntei a clases de guitarra cunha amiga. Nas clases en total somos 11pero 8 son da nosa escola. Se estudara na escola de Rianxo seria normal (as clases son en Rianxo) pero estudo en Asados. Xa toco moitas cancións e sei todas as notas. A miña profesora tamén se chama Carmela e toca e canta moi ben. Ensallo todas os días as cancións e as notas, e a guitarra tela que ter moi ben coidada.

Cada semana

Meu pai díxome que tiña que escribir unha entrada no blog cada semana para escribir máis. Algunhas semanas escapareime de escribir, pero xa me dixo que ía contar as semanas que levava sen escribir e nunha semana tiña que escribir as que me faltaban. Así xa non o vou a ter o blog tan descoidado e voule prestar máis atención.

22/3/09

Xa temos piscina !

A mediados de febreiro abreu unha piscina en Rianxo (o pobo no que vivo). Está detrás do polideportivo. Ao entrar, hai unhas escaleiras que vaixan ao ximnasio. Dentro do recinto da piscina hai unha sauna, baño de vapor e un jacuzzi. Para os máis pequenos hai unha piscina que mide 80 centímetros de fondo. A min gústame moito e vou case todos os días que teño un oco libre, e ademais como xa teño12 anos podo ir soa con algunhas/algúns amig@s.

21/2/09

Entroido

Por fin chegou o entroido. O entroido é a terceira festa que máis me gusta de todo o ano. Sobre todo me gusta porque en Rianxo (o pobo onde vivo) fan os monitores do concello no polideportivo uns xogos e só deixan entrar aos que están disfrazados. Tamén me gusta moito porque ao día seguinte "O Campo" está cheo de xente para ver as carrozas que fixeron os participantes, e despois o xurado vota e a que gana levase moito diñeiro. Tamén me gusta porque na escola facemos un pasarúas por Asados (a aldea onde teño o meu cole). Estamos toda a semana facendo os disfraces e este ano os de 5º e 6º fomos de "Charlestons". Divertido,eh?

15/2/09

Por fin chegou o día!


O 11 de febreiro de 2009 é o día do meu aniversario. Foi este mércores e cumplin 12 anos. Levei un biscoito de chocolate para os meus compañeiros de clase e gustoulles moito. O 14 de febreiro celebrei a festa e pasámolo moi ben. Como facía bo tempo, fomos "un pouco" a xogar ao parque . A festa empezou as 17:00 da tarde e os últimos invitados marcharon ás 10:45. Regalei uns "yoyós" para os invitados e puxémonos dacordo para levalos á escola e poñelos de moda. Foi un día moi bonito.

1/2/09

Que viva a Paz !




Perdoade por ter o blog sen escribir nada novo nel, pero non tiven tempo de escribir.
Onte foi o día da Paz (30 xaneiro de 2009) Pola mañá no colexio estampamos a nosa man de cor branca nun papel, despois recortámolo e puxémoslle unha mensaxe na palma, metémola dentro dun globo, inchámolo, e metémolo dentro dunha bolsa. Pola tarde fixemos un baile cunha canción que inventamos todo o colexio en música que se chamaba Bailemos un vals. Despois fixemos unha roda tan grande que ocupaba todo o patio de escola, collemos un globo cada un sin ser o noso e estoupámolos todos a vez. Gustoume moito porque parecían bombas das festas. E ainda me gustou máis cando acabou ese festin, porque o noso profe, con tanto lío olvidouse de poñernos deberes, e estiven todo o fin de semana sen deberes.