26/12/07

Papa Noel


A noiteboa sempre a paso cos meus avós. Comemos marisco, polo, peixe, verdura (as dúas últimas cousas que puxen supoño que pensaredes que non me gustan e déchedes no cravo) . Este ano deiteime a UNHA da mañá. Como me gusta moito a cociña Papa Noel trouxome un libro de cociña, un cortaovos, uns moldes e uns pendentes. Espero que convosco Papa Noel fose bo. Boas festas.