7/6/08

Paixón pola cociña



Hai bastante tempo que me gusta moitísimo pero moitísimo a cociña. Aprendín a facer mogollón de pratos. Só teño un libro de cociña, pero con ver a miña nai cociñando, ou ver programas de cociña xa me basta para facer moitísimos pratos. O primeiro que fixen eu soa foron uns espaguetis, despois unha ensalada... Miña nai á ensalada bótalle moito vinagre pero sempre me pide que a aliñe eu porque a ensalada é a miña especialidade. Moitas veces, cando é pola noite e hai que cear e meus pais non teñen fame eu sempre lles pido se me deixan facer unhs tomates recheos, espaguetis, ensalada...