26/12/07
Papa Noel
A noiteboa sempre a paso cos meus avós. Comemos marisco, polo, peixe, verdura (as dúas últimas cousas que puxen supoño que pensaredes que non me gustan e déchedes no cravo) . Este ano deiteime a UNHA da mañá. Como me gusta moito a cociña Papa Noel trouxome un libro de cociña, un cortaovos, uns moldes e uns pendentes. Espero que convosco Papa Noel fose bo. Boas festas.
21/9/07
Aupa Lamatumbá
O 29 de agosto fomos ao concerto de Lamatumbá, estivemos bailando e cantando toda a noite. Fun cuns amigos e ainda o pasei mellor. Á miña amiga deulle unha camiseta en persoa no medio da canción. Despois do concerto abreu un chiringito donde había discos, camisetas e chapas de Lamatumbá. En resumen paseino xenial.
29/8/07
Menudo bebé
Estaba buscando en Youtube para poñer no blog e encontrei un vídeo que me tronchei de risa en un periquete, a ver canto tempo aguantas sen reir. Difícil eh?
20/8/07
Carmela Simpson.
Busquei en internet e atopei a paxina da miña serie preferida: os Simpson.
Alí creei o meu propio avatar dos Simpson e chameille Carmela Simpson. Ou sexa cando vexades a serie dos Simpson fixádevos ben a ver si aparezo.
17/8/07
TEÑO A WII !
Vai polo menos un mes que vin un anuncio da Wii e pregunteille a meu pai se me podían comprar a Wii. Eu xa tiña clarisimo que me ían dicir que non pero o que non me esperaba era que meu pai dixera que buscarimos en internet para saber mais cousas da Wii. Pola tarde miramos en internet e vimos que eran un pouco caras, pero meus pais dixeronme que se escribia un texto dicindo as cousas que tiña de bo e as cousas que tiña de malo podiamola comprar. Fixen o texto e non contei nada malo, porque non ten!. Ao final fomos a unha tenda de aparatos eléctricos, aí preguntamos se tiñan a consola Wii pero non a tiñan. Dixonos que se a encargábamos podia estar na tenda aos 5 días. Eu por suposto dixen que si e meus pais tamén. Xa vedes que non é ningunha mentira.
Polo País Vasco.
O 3 de xullo marchamos hacia Pais Vasco pero como era tanto tempo en coche quedamonos a durmir en Llanes (Asturias).A o día seginte marchamos a Mundaka o lugar onde esta o camping Portuondo.cando acabamos de comer fomos a Bermeo a comprar e a tomar un xeado,vimos un barco veleiro onde antigamente cazaban baleas.A o dí a seguinte fomos a Donostia (San Sebastian) Alí vimos o edificio Kursal onde pola noite se ilumina todo.Despois de comer fumos a un acuario onde habia 2 tiburons grandes,ovos de tiburons, raias, ourizos, peixes globos, tartarugas, medusas de cores... O acuario tiña un tunel.Ao día seguinte marchamos a ermida de San Juanque tiña 231 escalons,papa parouse na mita do camiño porque tiña vertigo pero mama e eu sbimos todo o camiño e eu a maioioria subinos correndo.O ultimo día fomos a BILBO fomosa o museo Guggenheime, habia un can xigante feito con flores e unha araña feita con plomo fumos nun autobus turisticorecorendo toda a cidade.
16/8/07
Pintando a casa.
Hoxe pintamos o pasillo e a habitacion de meus pais de cor amarela e uns días antes pintaramos a miña habitacion de cor laranxa.Para que poideramos pintar tubemos que quitar todo e poñer o colchon na sala,a os meus pais non lles gustou moito a esperiencia de durmir na sala pero a min gustoume moito porque podia ver a tela dentro da cama sen pasar frío.A verdade e que eu so pintei a miña habitacion porque a verdade era que a o meu cuarto facialle moita falta pintar a parede do sucia que estaba.Este mes parece que a nosa casa estaba en obras.Todo quedou moi diferente e polo menos a min costoume moito adaptarme a cor.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)