21/2/09

Entroido

Por fin chegou o entroido. O entroido é a terceira festa que máis me gusta de todo o ano. Sobre todo me gusta porque en Rianxo (o pobo onde vivo) fan os monitores do concello no polideportivo uns xogos e só deixan entrar aos que están disfrazados. Tamén me gusta moito porque ao día seguinte "O Campo" está cheo de xente para ver as carrozas que fixeron os participantes, e despois o xurado vota e a que gana levase moito diñeiro. Tamén me gusta porque na escola facemos un pasarúas por Asados (a aldea onde teño o meu cole). Estamos toda a semana facendo os disfraces e este ano os de 5º e 6º fomos de "Charlestons". Divertido,eh?

15/2/09

Por fin chegou o día!


O 11 de febreiro de 2009 é o día do meu aniversario. Foi este mércores e cumplin 12 anos. Levei un biscoito de chocolate para os meus compañeiros de clase e gustoulles moito. O 14 de febreiro celebrei a festa e pasámolo moi ben. Como facía bo tempo, fomos "un pouco" a xogar ao parque . A festa empezou as 17:00 da tarde e os últimos invitados marcharon ás 10:45. Regalei uns "yoyós" para os invitados e puxémonos dacordo para levalos á escola e poñelos de moda. Foi un día moi bonito.

1/2/09

Que viva a Paz !




Perdoade por ter o blog sen escribir nada novo nel, pero non tiven tempo de escribir.
Onte foi o día da Paz (30 xaneiro de 2009) Pola mañá no colexio estampamos a nosa man de cor branca nun papel, despois recortámolo e puxémoslle unha mensaxe na palma, metémola dentro dun globo, inchámolo, e metémolo dentro dunha bolsa. Pola tarde fixemos un baile cunha canción que inventamos todo o colexio en música que se chamaba Bailemos un vals. Despois fixemos unha roda tan grande que ocupaba todo o patio de escola, collemos un globo cada un sin ser o noso e estoupámolos todos a vez. Gustoume moito porque parecían bombas das festas. E ainda me gustou máis cando acabou ese festin, porque o noso profe, con tanto lío olvidouse de poñernos deberes, e estiven todo o fin de semana sen deberes.